As salas de estudio e investigación do Museo están pensadas para persoas estudiosas da vida e obra de Castelao e do seu tempo histórico e son por tanto de acceso restrinxido.
Utilizar os fondos e recursos destas salas non ten custo ningún, mais é preciso rexistrarse e conseguir un identificador e unha clave de acceso, que proporcionará a propia organización.
Para que as peticións sexan aprobadas deberá conseguirse a aceptación da secretaría técnica do Museo e dos propietarios dos dereitos de autor da obra de Castelao. Por esa razón pregamos que se cubran co maior rigor os campos da solicitude. (Lémbramos que polo de agora só é posible realizar unha preinscrición. Cando as salas estean operativas comunicarémosllelo ós interesados para pasar a dalos de alta na base de datos)
Volver | Funcionamento
|
|