| O 7 de xaneiro de 1950, Afonso D.R. Castelao falece no Sanatorio do Centro Gallego de Bos Aires. A súa morte tivo moita repercusión nas comunidades do exilio, pero foi discretamente difundida en Galicia. Incluímos nestas páxinas un especial da Nosa Terra que a comunidade galega da Arxentina publicou meses despois no mesmo Bos Aires. Nel recóllense artigos e poemas colectados trala súa morte entre a intelectualidade galega do interior e do exilio, así como abondosas imaxes de diferentes fases da súa vida. Deste especial exclúese nestas páxinas do Museo a antoloxía de textos de Castelao e pódese descargar directamente en formato PDF ou consultar a través dos seus artigos. A censura española dificultou dar unha cobertura axeitada do seu falecemento. Con todo, reproducimos aquí unha escolma dos artigos e das novas da súa morte que foron aparecendo na prensa galega destes días. Pola contra, a súa morte tivo máis eco na prensa americana. Ligazóns Carta de Buenos Aires despois do pasamento de Castelao A censura española Escolma dos artigos que foron aparecendo na prensa galega A morte de Castelao na prensa americana Volver ao Museo | Liña da vida |
![]() Por mor da calidade da reproducción, o peso do arquivo é de 7 Mb. Para unha mellor xestión do mesmo recomendamos salvalo a disco descargando desde aquí. |