Especialmente para estudiosos :-)



- Eu estudio pra vos redimir

- ¿E o qué escribeu os libros tamén estudiou nos libros? |
 |
No proceso de constituir o Museo e dotalo de fondos, creáronse varios equipos de traballo que atendían as distintas facetas da poliédrica vida e obra de Castelao: a escrita, a plástica, informacións, noticias e fotografías, historia-biografía, ...
Para recoller e catalogar os datos que se ían obtendo púxose en marcha unha gran base de datos ordenada por áreas de investigación. A importancia e valor desta base de datos incrementouse de xeito definitivo cando a Editorial Galaxia (propietaria dos dereitos de autor de Castelao) decidiu incorporar a ela a obra completa de Castelao, para ser utilizada "só para investigación" e de xeito gratuíto.
Cando o complexo proceso de catalogación vaia avanzando e se consoliden os fondos do Museo, implementaranse utilidades informáticas que permitirán aos investigadores e investigadoras recuperar, por medio da web, determinada obra ou información, cruzar campos da base de datos ou mesmo facer comparanzas entre distintas edicións dun escrito, por poñer un exemplo.
Así mesmo parece de interese para este Museo que se potencie a constitución de grupos de traballo a pé feito para desenvolver, gracias á Rede, proxectos concretos. Por esa razón poñeremos en marcha mecanismos de relación entre investigadores e de traballo colaborativo de xeito que permitan a creación e mantemento dos grupos devanditos.
Tamén, só para utilizadores desta sección, publicaráse un boletín con informacións sobre actualizacións, novas incorporacións ou utilidades da zona de investigación, así como propostas ou iniciativas de traballo que vaian xurdindo.
¿Queres facer agora a preinscrión? | Volver ao Museo
|